Facultade de Veterinaria de Lugo
Imagen Perro Imagen Gato Imagen Vaca
9 de septiembre de 2010
  PRESENTACIÓN
    Saúdo Decanal
    Historia da Facultade
    Cómo chegar
    Visita virtual
  ÓRGANOS DE GOBERNO
  PERSONAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS
  DEPARTAMENTOS
  SERVIZOS E INSTALACIÓNS
  NORMATIVA
  ESTUDOS
  GUÍAS DOCENTES
  ESTUDOS TERCEIRO CICLO
  ASOCIACIÓNS
  PROGRAMAS DE INTERCAMBIO / EXCHANGE PROGRAMS
  LIGAZÓNS
  BOLSA DE EMPREGO
  AVALIACIÓN EUROPEA FACULTADE DE VETERINARIA 2008
  DOCUMENTACIÓN DE INTERESE
Facultad Veterinaria Lugo
   Inicio > Presentación
Buscar   |  Busqueda avanzada
USC Facultade de Veterinaria de Lugo
Historia da facultade
A Escola Especial de Veterinaria, como se denominaba, foi establecida na Universidade de Santiago de Compostela pola Ley de Presupostos de 1881 e creada en 1882, sendo Rector desta Universidade o Prof. Dr. Antonio Casares Rodrigo. A Escola iniciaba a súa andaina no antigo Seminario de San Clemente, onde se mantivo durante 33 anos, ata 1915. Alí impartense as ensinanzas de Veterinaria con gran esforzo por parte de tódolos seus docentes debido ás carencias do edificio e a que tivo de ser compartido con outras institucións, como a Sociedade de Amigos do País, a Escola de Artes e Oficios e mesmo a Xunta Organizadora da Exposición Rexional de 1909.


A necesidade dun novo edificio ponse xa de manifesto en 1894 no escrito que dirixe o seu director, D. Tiburcio Alarcón, ó Rectorado e logo de 19 anos, son inauguradas as novas instalacións onde hoxe se atopa o Parlamento Galego; alí permanecerá a Escola de Veterinaria de Santiago ata a súa desaparición en 1924, nunhas instalacións que despois foron entregadas ó Exército.


A plantilla de profesores foi sempre reducida para as necesidades docentes da Escola, aínda que conformada por homes moi ilustres que destacaron nos seus respectivos campos científicos, como os Profesores Alcolea, Gallego, García Alfonso, Morros e Rodríguez González entre outros.




A desaparición da Escola tivo lugar por múltiples causas, como a escaseza de alumnos, as accións das denominadas Juntas de Reforma que propuxeron diversos proxectos encol das ensinanzas veterinarias en todo o Estado, un dos cales era a reducción do número de Escolas, e tamén a falta de compromiso da sociedade galega no nacemento desta Escola e o seu non ve-la potencialidade que representaba para o desenrolo do campo galego.


A andaina deste Centro nesta súa primeira etapa como Escola de Veterinaria ten sido o obxecto da Tese de Doutoramento de D. Manuel Rodríguez García Aportación al estudio de la historia de la Escuela de Veterinaria de Santiago de Compostela (1882-1924), dirixida polo Profesor Dr. D. Miguel Cordero del Campillo, defendida na Universidade de León en 1986 e publicada en 1994 polo Servicio de Publicacións e Intercambio Científico da nosa Universidade, co título Historia da Escola de Veterinaria de Santiago (1882-1924).


Despois de 59 anos, créase a Facultade de Veterinaria da Universidade de Santiago en Lugo, continuadora da vella Escola de Santiago, aínda que con diferencias moi notables con relación a ésta, en especial o gran compromiso da sociedade galega actual coa nosa Facultade e a conciencia do gran pulo que sobre o desenrolo agropecuario ten a implantación destes estudios


Facultad de Veterinaria | Avda. Carballo Calero s/n - 27002 - Lugo | Teléfono: 982 285 900

Reitoría da USC
Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro, s/n
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: +34 981 56 31 00
Universia Universia Unitenda Unitenda Grupo Compostela Grupo Compostela
Vicerreitoría de Coordinación
do Campus de Lugo
Praza Pío XII, 3
27001 Lugo
Teléfono: +34 982 28 59 00