En nome do persoal da Facultade de Veterinaria de Lugo quero darvos a máis agarimosa benvida ao noso centro.
O noso centro é único en Galiza e moi novo, cumprimos 20 anos, si o comparamos coa Universidade de Santiago de Compostela que ten máis de cinco séculos de historia. Novo é tamén o Campus de Lugo, cun perfil claramente gandeiro e agroalimentario, actividades relevantes para a economía e a sociedade galegas.está en seguir mellorando, ano a ano, co traballo e a colaboración de todos.
Co comezo de cada curso cumpre a necesidade continua de formar profesionais da Veterinaria preparados para unha sociedade cada vez máis esixente. A Facultade da que agora formas parte ten unha calidade acreditada e recoñecida en Europa polo JEC (Joint Education Commitee) o que significa que a titulación na que estás matriculado cumpre os requirimentos recollidos, non só nas Directivas Europeas 78/1026 e 78/1027, senón tamén os definidos polo Advisory Committee on Veterinary Training (III/F/5171/7/92). O reto está en seguir mellorando, ano a ano, co traballo e a colaboración de todos.
No presente curso agardan cambios que repercutirán no noso centro, tales como a Reforma da Lei Orgánica de Universidades (LOU), a publicación do Catálogo de Titulacións, o Real Decreto de Profesorado e, quizás o máis salientable, a publicación dás Directrices Propias da Licenciatura de Veterinaria ás que deberemos adaptarmos todas as titulacións de cara á integración ao Espazo Europeo de Educación Superior (proceso de Bolonia); moitos de vos xa estaredes licenciados cando se produzan eses cambios, pero a vosa participación como estudantes nestes anos será fundamental para elaborar, entre todos, unha proposta de adaptación que mellore a vosa formación.
Os maiores éxitos no duro pero apaixonante traballo de formarvos, persoal e profesionalmente, neste centro.
Ana M. Bravo del Moral Decana
|  | | Ana Bravo del Moral |
|