|
 |
Xunta de Facultade | A Xunta de Facultade está composta por:- O decano ou o director, que a presidirá e convocará.
- Os vicedecanos ou subdirectores, de ser o caso.
- O secretario, que o será tamén da xunta.
- O seguinte persoal docente e investigador en formación e perfeccionamento con docencia no centro e censados nel, ou non censado, que teña neste un encargo docente igual ou superior a 9 créditos:
- Todo o persoal funcionario docente, que representará o 51%.
- O resto, sempre que non exceda do 14% do total da xunta.
- Unha representación do estudantado do 30%.
- Unha representación do persoal de administración e servizos censado no centro, nunha proporción do 5% do total da Xunta, cun mínimo de dous.
O regulamento de réxime interno de cada centro, de ser o caso, determinará o número de subsectores e a representación de cada un e respectará en todo caso os seguintes límites:- O persoal docente e investigador a tempo parcial non poderá representar máis do 5%.
- O estudantado de primeiro e segundo ciclo non pode representar menos do 25%.
Tamén deberá ser convocado para a Xunta de Facultade ou Escola, con voz, pero sen voto, todo o persoal docente e investigador que imparta docencia no centro e non sexa membro dela, sempre que o solicite.
Todos os representantes elixidos serano por dous anos, agás os estudantes, que o serán por un ano. A condición de membro da Xunta perderase ao cesar a vinculación co centro ou ao deixar de cumprir os requisitos demandados ao sector polo que se foi elixido.
O persoal docente e investigador estará censado soamente nun centro desta universidade, nas condicións que estableza o Consello de Goberno.
O estudantado figurará no censo daqueles centros responsables da titulación ou titulacións en que estea matriculado.
|
|